Esta mañá comenzou a execución da obra de “Mellora da capa de rodadura de camiños rurais na parroquia de Couso,” concretamente no Camiño de acceso a Vilar de Couso.

O orzamento da actuación que se está a desenvolver acada os 47.779,00 €, financiados na súa totalidade pola Consellería do Medio Rural con cargo aos seus orzamentos ás obras de Infraestruturas Rurais 2019.

A obra iniciouse no límite da parroquia de Couso co Concello de Santa Comba e ten unha lonxitude de 2,050 kms