O Goberno de España aprobou onte (14 de marzo de 2020) o Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.
Este Real Decreto establece que durante a vixencia do estado de alarma, 15 días naturais (con posibilidade de prórroga) só se poderá circular polas vías de uso público INDIVIDUALMENTE (salvo que se acompañe a persoas con discapacidade ou por outra causa xustificada):
➡️Adquisición de alimentos, medicinas, produtos de primeira necesidade.
➡️Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
➡️Desprazamento ao lugar de traballo para efectuar a súa prestación laboral, profesional ou empresarial. (sempre é cando non sexa posible o teletraballo)
➡️ Retornar ao lugar de residencia.
➡️ Asistir a persoas maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou especialmente vulnerables
➡️ Desprazamento a entidades financeiras ou de seguros
➡️ Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
É preciso evitar as aglomeracións e manter a distancia de seguridade.
Na seguinte ligazón pode consultar o contido completo do Real Decreto 463/2020 publicado no BOE:
➡️https://www.boe.es/boe/dias/2020/03/14/pdfs/BOE-A-2020-3692.pdf