MANEXO DOMICILIARIO DOS RESIDUOS NOS FOGARES POSITIVOS OU EN CORENTENA POR COVID-19|

Segundo as recomendacións do Ministerio de Sanidade, os residuos do doente, incluído o material desbotable empregado pola persoa enferma (luvas, panos, máscaras…), teñen que eliminarse nunha bolsa de plástico (BOLSA 1) nun cubo disposto na habitación, preferiblemente con tapa e pedal de apertura, sen realizar ningunha separación para o reciclaxe. A bolsa de plástico (BOLSA 1) debe pecharse de forma axeitada e introducila nunha segunda bolsa (BOLSA 2), onde ademais se depositarán as luvas e máscara empregados polo coidador e se pechará antes de saír da habitación.

A BOLSA 2, cos residuos anteriores, depositarase co resto dos residuos domésticos na bolsa de lixo (BOLSA 3) correspondente ao cubo de fracción resto. A BOLSA 3 tamén se pechará axeitadamente.

Inmediatamente despois realizarase unha completa hixiene de mans, con auga e xabón. A BOLSA 3 deberá depositarse exclusivamente no colector de fracción resto.