O Concello de Coristanco, no marco das súas políticas de dinamización sociocultural e de promoción do envellecemento activo, impulsa unha nova viaxe dirixida ao colectivo de persoas maiores de 55 anos, xubiladas ou pensionistas empadroadas no municipio.

Con esta iniciativa preténdese favorecer a convivencia, reforzar os lazos sociais, crear espazos de encontro interxeracional e dar a oportunidade de coñecer novos lugares, culturas e tradicións, todo iso a través dunha experiencia de ocio enriquecedora que combina turismo, gastronomía e patrimonio cultural.

Nesta ocasión viaxaremos a Cantabria, participando na recoñecida Feira da Faba e da Hortaliza de Casar de Periedo, na que o Concello de Coristanco contará cun posto de promoción da súa emblemática Pataca de Coristanco, ademais de visitar enclaves de gran interese natural, cultural e gastronómico.

📅 Datas: do 14 ao 16 de novembro
💶 Prezo: 195 € por persoa en habitación dobre. (Suplemento de habitación individual 40€)
Inclúe:
– Viaxe en autobús
– Aloxamento en réxime de pensión completa en hotel de 3★
– Todas as visitas e actividades culturais

🗺️ Itinerario destacado:
– Panes e Arenas de Cabrales (visita e degustación en queixería)
– Potes e Monasterio de Santo Toribio de Liébana
– Cocido Lebaniego e visita a unha Orujera con degustación
-Feira da Faba e da Hortaliza en Casar de Periedo

Información: 981 733 280 o AQUÍ 
Inscricións: Biblioteca Municipal de Coristanco
Prazo: do luns 6 ao mércores 8 de outubro de 2025, en horario de 8.30 a 15h.