Sabías que durante as dúas primeiras semanas de novembro é cando podemos degustar as mellores castañas, xa que alcanzan o seu punto óptimo de maduración?

Poderás comprobalo o vindeiro 15 de novembro, no Polideportivo Municipal de Coristanco onde festexaremos o noso encontro máis tradicional: O MAGOSTO. Grandes e pequenos poderedes desfrutar de inchábeis, xogos e música en directo ademais da degustación deste froito tan venerado.

Acompáñanos a festexar novembro coa mellor sintonía: música, baile, cultura e tradición vos espera! Disporase de aparcamento no patio exterior do CPI Alcalde Xosé Pichel.

DÍA: venres, 15 de novembro
HORA: 19.00H
Lugar: Polideportivo Municipal de Coristanco