Loli España ofrecerá unha presentación en #Coristanco o xoves 25 de novembro, no marco das actividades programadas dentro da campaña ‘Nin unha cadeira baleira’.

Na conferencia que se ofrece baixo o nome de ‘A sinsombreiro’, Loli rescatará e honrará a memoria dunha das mulleres máis prestixiosas da intelectualidade española do século XX, que durante moitos anos foi privada do recoñecemento que merecía.

As “sinsombreiro” foron un grupo excepcional de mulleres pintoras, poetas, novelistas, ilustradoras, escultoras e pensadoras de inmenso talento que non só gozaron de éxitos nacionais e internacionais no seu tempo, senón que a través da súa arte e activismo desafiaron e cambiaron a vida social e cultural da España nos anos 20 e 30.

  • Día: 25 de novembro
  • Hora: 11h
  • Lugar: Salón de Actos, Edificio de Servizos Múltiples de Coristanco

INSCRICIÓNS:
Na Biblioteca Municipal
☎ 651 664 908
📧 biblioteca@coristanco.gal