📣Maña comenza o prazo de presentación de solicitudes da liña de axudas ás familias con menos recursos do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios mentres estean suspendidas as clases presenciais.

🗓 Prazo de presentación:

Dende o 31/03/2020 ata o 06/04/2020 (ambos incluídos)

Lugar de presentación:

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

As familias que acrediten dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos poderán solicitar que o equipo directivo do centro educativo en que se escolarizan as/os súas/seus fillas/os colaboren na formalización da solicitude. Para estes efectos, os centros con comedor escolar habilitarán un horario especifico que anunciarán ás familias.

Máis información: DOG nº 62 do 30 de marzo de 2020