O Concello de Coristanco vén de adherirse á campaña Liberdade de ser e sentir impulsada pola área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade da Deputación da Coruña, en prol da igualdade e dos dereitos lgtbqi+. Esta iniciativa levará a cabo unha serie de accións e actividades para sensibilizar sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero:

  • Plataforma seresentir.gal que contará cunha parte de información pública onde estarán todos os contidos e recursos relacionados coa diversidade sexual e unha área privada para que os concellos e entidades poidan acceder aos diferentes recursos da Campaña.
  • “Planeta LGTB” contacontos infantil a cargo de Felipe Díaz (Caxoto) co que reflexionar sobre riqueza da diversidade e sobre o colectivo LGTB.
  • Difusión da serie web S.E.X que trata temas como a sexualidade, corpos, desexos, relacións íntimas…
  • Concurso nas redes sociais: Balcóns da diversidade, onde convidamos a todas aquelas persoas interesadas en participar a que nos envíen fotografías dos seus balcóns decorados coas bandeiras do arco da vella.
  • Palestras temáticas LGTBQI centradas na diversidade sexual, para falar dos dereitos, das barreiras e das liberdades.