Magín Blanco realizou unha actuación o pasado 16 de outubro no Salón de Actos do Edificio de Servizos Múltiples.
Na súa compaña puidemos desfrutar do contacontos musicado e as cancións máis emblemáticas do autor. Sempre é un acerto contar coa súa presenza nas nosas instalacións: gran persoa e mellor artista que nos permitiu distraernos e gozar dunha actuación divertida e animada que nos fixo bailar no asento.
Esta actuación é froito da participación da Biblioteca de Coristanco en “Ler conta Moito”, programa de dinamización da lectura ofrecido ás bibliotecas públicas da Rede a través do seu catálogo.
Aquí unha pequena mostra.
Para máis información acerca desta ou outras actuacións contactar polas seguintes canles:
Tlf. 651.66.49.08
Correo: biblioteca@coristanco.gal