A soidade é un problema crecente entre a poboación adulta maior. A falta de interacción social, as limitacións físicas ou psicolóxicas e a desconexión da comunidade poden levar a consecuencias negativas na saúde emocional e física dos maiores.

O Concello de Coristanco, en colaboración co Centro de Promoción Rural Efa Fonteboa presentamos o proxecto “Lazos que Fortalecen” co obxectivo principal de ofrecer compañía, apoio emocional e actividades recreativas para reducir a soidade e fomentar o benestar social e psicolóxico dos adultos maiores a través dun programa de voluntariado.

DESCARGAR FOLLETO “LAZOS QUE FORTALECEN”

DESCARGAR DOSSIER

DESCARGAR FORMULARIOS PARTICIPACIÓN

DESCARGAR FORMULARIO VOLUNTARIADO