Hoxe atopamonos percorrendo #Seavia, unha das parroquias máis amplias do municipio. En cada un dos recunchos que aquí se agochan podemos atopar fermosas paisaxes naturais moldeados a golpe de pedra e auga acompasados coa conxunción de historia, natureza e tradición.
O Grupo Xuvenil de Íntegro en colaboración co Concello de Coristanco e integrado no programa de Iniciativa Xove “Coidemos o noso Entorno”, aló polo pasado 18 de setembro realizou unha acción medioambiental nestes montes.
Deixamos pois aquí algunhas pinceladas da paisaxe da que podemos desfrutar a través dos sendeiros e camiños ao carón dos regatos, a singularidade dos muíños e os sons que nos descobren o encanto natural desta parroquia.