Presentamos San Paio, unha parroquia de interior de 771 habitantes. Foi capital municipal dende a fundación dos concellos ata mediados do século XX. Dispón do territorio menos accidentado e mellor comunicado do municipio. Nesta parroquia sitúase a Área Recreativa da Rocheira, localización escollida por moitos para uso e desfrute da natureza.