“Latexos de Coristanco” é un proxecto visual e vivencial que pretende mostrar a beleza e singularidade dos sendeiros, camiños, ríos e aldeas da nosa contorna; a grandeza dos paisaxes e o encanto de cada un dos recunchos do noso municipio. E para comezar este camiño partimos dun pequeno Edén: o Refuxio de Verdes.

Situado na parroquia de Verdes, na marxe dereita do río Anllóns, é un espazo natural de alto valor ecolóxico incluído na Rede Natura 2000. Este espazo de gran beleza conta cun coto de pesca de 7 km de lonxitude, sendeiros de terra e pontes de madeira que permiten pasear entre as revoltosas augas do río Anllóns.

Árbores, plantas e muíños enchen de vida esta paraxe de natureza prodixiosa, nun ambiente relaxado, apracible e co son da auga como permanente sintonía de fondo.

Como visitantes deste refuxio, debemos mimalo, coidalo e respectalo, o que inclúe non deixar amosada “Tarxeta de visita”, en forma de sucidade e contaminación do entorno.

O Refuxio de Verdes