LATEXOS DE CORISTANCO | Hoxe damos os bos días dende o occidente do noso municipio. Como a súa toponimia indica, Agualada é corrente de auga encanada e un dos principais núcleos de poboación do concello. Aquí achades unha mostra do curso do río #Calvar ao paso polos muíños do #Outeiro e rematando nos resíos da Área Recreativa de #Agualada.