Por cuarto ano consecutivo, a Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro e o Concello de Coristanco, unen o seu esforzo para desenvolver a IV Andaina Solidaria en apoio á loita contra o Cancro.

O Domingo 8 de outubro, ás 10.30h na Praza do Concello, desenvolveremos a actividade cun percorrido de 7 km. Para participar será necesaria a previa inscrición antes do venres 6 de outubro ás 12 horas, polas seguintes canles:

📞 Por Teléfono: 651 66 49 08
📧Por correo electrónico:biblioteca@coristanco.gal
➡️ De forma presencial: Biblioteca Municipal

O percorrido terá unha dificultade baixa e será recomendable o uso de roupa e calzado axeitado para camiñar. A Asociación Española Contra o Cancro de Coristanco disporá dun punto para realizar as súas doazóns e con acceso aos petos e compra de material para colaborar coa asociación.

O Concello de Coristanco agradece o apoio e colaboración dos seguintes establecementos que patrocinan a actividade:

  • Carrefour Coristanco
  • Carnicería Maruja
  • Autoservicio García (Claudio)
  • Supermercado Mary Carme
  • Frutería Delicias da Horta

RUTA: Praza do Concello-Castro de Oca-Igrexa-Montecelo-Ponte Lubiáns- Área Recreativa Rego da Balsa- Praza do Concello.
SAÍDA: Praza do Concello de Coristanco
DISTANCIA: 7 km.
DIFICULTADE: baixa
TEMPO APROX.: 1,30 horas
MODO: Circular

Observacións: Preciso dispor de calzado e roupa axeitada.

DESCARGA O TRIPTICO