¿QUÉ É UN IRMANAMENTO?

• Acordo entre dous municipios para desenrolar un programa en común, que comprende actividades de índole cultural, económico, educativa e social.
• Proxecto a desenrolar con uns fins claros e obxectivos concretos.
• Programación anual e desenrolo de actividades.
• Asinado en 1998 en La Guyonniere, en febreiro e en Coristanco no mes de setembro coincidindo coa Festa da Pataca.

ANTECEDENTES
• Relacións entre a Escola EFA Fonteboa de Coristanco e Meslay desde 1989.

DE CORISTANCO A LA GUYONNIERE

• Máis de 300 mozos estudantes de F.P. Agraria visitaron a rexión.
• Máis de 200 profesionais do sector agrario fixeron viaxes técnicos.
• Máis de 265 mozos fixeron un stage de 4 semanas na rexión.

DE LA GUYONNIÈRE A CORISTANCO

• Máis de 300 mozos participaron en viaxes de estudos
• Máis de 90 profesionais visitaron o noso municipio en viaxes técnicos

A PARTIR DE 1998

• 1 viaxe de 40 persoas por viaxe de Coristanco a La Guyonniére con estancias de 4 días por ano.
• 1 viaxe de La Guyonnière a Coristanco con estancia de 4 días por ano.

En cada unha das viaxes desenrolouse un programa de traballo e de descubrimento da rexión.

TEMAS TRATADOS

• Funcionamento das institucións oficiais.
• A xestión do presuposto municipal.
• O deporte na vida local.
• As asociacións e a animación local.
• Xestión empresarial.
• Actividades lúdicas, culturais e sociais.
• Xestión municipal.

DE CARA AO FUTURO

Tratarase de consolidar cada ano este proxecto, cunha maior participación da sociedade e máis protagonismo das asociacións locais de cada concello, dos veciños, dos empresarios, etc…

 

Le Guyonnière

Orixe do nome: Patronímico da familia Guyon (iére), o que explica que aos habitantes de La Guyonnière se lle denominen Guyons ou Guyonnes.

Está situado a 4 km. de Montaigu, lugar principal da zona.

Superficie: 23 km2 (Coristanco 141 km2). Hai que ter en conta que os municipios no NO francés son de reducidas dimensións.

Forma parte da rexión natural do Aut. Bocage Vendéen e o relieve é totalmente chan; a altitude media é de 60mtrs. E a altitude máxima é de 90 mtrs.

Desde o punto de vista xeolóxico trátase de rochas da era primaria (granito, gneis, afloramentos de cuarzo, etc…) No relativo ao chan dominan os arcillosos, dunha fertilidade considerable.

DEMOGRAFÍA
Poboación de marcado carácter rural (hábitat disperso e agrupado en pequenos núcleos) cun elevado grao de diversificación económica, iniciado nos anos 70, coincidindo coa industrialización crecente desta rexión do noroeste francés.

EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN:
Nos últimos 20 anos a poboación da zona aumentou un 20%, mentres que La Guyonniere fisco cun 100%.

ECONOMÍA
Predominio da pequena e moi pequena empresa:
• Pequenas industrias: carpintería, construción….
• Empresas de servizos.
• Comercio.
• Transporte.
Plan Xeral de Ordenación Urbano: delimitación de zonas de construción, uso agrario, asentamentos industriais, espazos protexidos, etc…

ASOCIACIÓNS
• Dinamismo
• Xestión de servizos a comunidade
• Familias Rurais
• 17 asociacións para actividades e actuacións variadas na vida local.
• 3 asociacións deportivas