O Concello de Coristanco abre o prazo para a preparación das probas para a adquisición do certificado das Competencias Clave, formación necesaria para poder obter o certificado de profesionalidade e, deste xeito, facilitar a incorporación ao mundo laboral.

A formación será gratuíta, estará subvencionada polo Concello de Coristanco e a Deputación da Coruña, e o número de prazas será limitado.

As inscricións poden realizarse no Edificio de Servizos Múltiples e no Concello de Coristanco, ata o 7 de abril de 2015.

Para máis información poderase chamar ao 981 73 32 80.