A violencia deixa ocos, baleiros que xa non se poden encher: vidas rotas, familias feridas, cadeiras que quedan sen ocupar.

Con esta campaña queremos converter as cadeiras baleiras en símbolos de memoria e compromiso, enchendo Coristanco de cultura, esperanza e acción comunitaria.

Baixo o lema “Non permitas que ninguén deteña o teu impulso”, durante todo o mes de novembro organizamos actividades educativas, artísticas e culturais para dicir alto e claro: nin unha cadeira máis baleira por causa da violencia.

📅 PROGRAMA DE ACTIVIDADES

💜🪑 31 de outubro | 11.30h – “O eco das pedras” · Raquel Queizás
💜🪑 3 de novembro | 11.00h – Toupiciencia · A Xanela do Maxín
💜🪑 7 de novembro | 10.30h – Proxección “Los pequeños amores”
💜🪑 7 de novembro | 18.00h – O Magosto
💜🪑 20 de novembro | 18.00h – “Romaría” · Raquel Queizás
💜🪑 22 de novembro | 19.00h – Día da Música · Concerto de Corais
💜🪑 23 de novembro | 17.00h – “O home do sofá” · Teatro Sen Tempo
💜🪑 25 de novembro | 12.00h – ACTO CENTRAL: lectura de manifesto + cadeiras artísticas + obra do obradoiro Tecendo recordos, transformando vivencias
💜🪑 28 de novembro | 18.00h – “A Teteira de Kabul” · Xarope Tulú
💜🪑 4 de decembro | 18.30h – Clausura Club de Saúde

Ademais, o Club de Saúde da AECC continuará cun espazo de apoio físico, emocional e social ás persoas con cancro e ás súas familias (días 6, 20 e 27 de novembro).