CHARLA E ROTEIRO DE IDENTIFICACIÓN DE COGOMELOS

I XORNADA MICOLÓXICA NO PAZO DE MARIÑAN

Ábrese o prazo para inscribirse á I XORNADA MICOLÓXICA NO PAZO DE MARIÑÁN que organiza a Sección de Medio Ambiente de Deputación da Coruña coa colaboración da Asociación Micolóxica Coruñesa (AMC)

LUGAR: Pazo de Mariñán (Concello de Bergondo)

DATA: 11 de outubro de 2025.

HORARIO: de 10:00 a 13:30 horas.

PRAZAS: 30

PERSOAS DESTINATARIAS: Calquera persoa que queira asistir, adultos e nenos/as acompañadas. Actividade gratuíta.

DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE:
– 10:00: Charla de iniciación á micoloxía.
– 10:45: Charla de curiosidades do mundo dos fungos.
– 11:30: pausa café.
– 12:00 a 13:30: roteiro de identificación de cogomelos polos xardíns e bosque do Pazo.

INSCRICIÓN:
Gratuíta na seguinte ligazón https://www.dacoruna.gal/index.php?cID=17270
O prazo de inscrición remata o 24 de setembro.