
I Encontro de Pobos Pataqueiros en Coristanco
Coristanco converteuse no punto de encontro dos principais concellos produtores de pataca do Estado. Tivemos a honra de recibir representacións de:
– Teguise (Lanzarote)
– Xinzo de Limia (Ourense)
– La Rinconada (Sevilla)
– Cartagena (Murcia)
O obxectivo desta xornada foi claro: compartir experiencias, crear lazos de colaboración e poñer en valor a pataca como produto de identidade, de cultura e de futuro. Entre todos e todas fixemos posible un espazo de diálogo que servirá como base para seguir traballando conxuntamente nos vindeiros anos.
Queremos dar as grazas máis sentidas a quen fixo posible este día:
🙏 Ao Concello de Carballo e á súa técnica de turismo Maite, polo acompañamento, pola acollida en Razo e pola súa dedicación e apoio.
💜Ás mulleres do obradoiro “Tecendo recordos, transformando vivencias”, que elaboraron con creatividade a decoración con material de refugallo e deseñaron unha imaxe única para o encontro.
🚌 A Autos Facal, que nos levou con seguridade e nos axudou a preparar cada visita.
📰 Á Revista Campo, pola súa implicación e colaboración constante.
🤝 E a todos os participantes, convencidos de que volveredes moi pronto.
#Coristanco #PobosPataqueiros



