Hoxe despedimos a última quenda de “Ó Son do Verán” dando remate a esta aventura iniciada o pasado xullo co obxectivo de facilitar a conciliación familiar no municipio. Como o viñemos facendo de forma habitual, despedimos deixando as nosas pegadas, esta vez no que será o futuro Espazo Natural de Oca.

Coa plantación de varias especies de árbores autóctonos, adentramos nun novo proxecto ambiental e enriquecemos o noso entorno. Faias, freixos, carballos… son algúns exemplos das especies que protagonizaron esta xornada de plantación, coa que ademais logramos sementar recordos como tributo a un verán moi especial.