Nos tempos do antigo réxime, o termo municipal do concello de Coristanco, estaba adscrito as xurisdicións de Mens, Xaviña, Xallas, Seavia e Nogueira, e o couto redondo de Agualada, todas elas na provincia de Santiago, e as xurisdicións de Bergantiños e Ardaña, na provincia da Coruña.
Coristanco xa está documentado na relación dos novos concellos constitucionais e aparece no repartimento de tributos da Deputación única de 1821, pertencendo o partido xudicial de Sísamo. Cando se produce a división de Galicia en catro provincias, no ano 1822, o municipio segue pertencendo o partido de Sísamo, e desde agora, a provincia de A Coruña.
Na distribución de novos concellos que impulsan as autoridades no ano 1835, e que se aprobou definitivamente en xuño de 1836, aparece coa denominación de “San Pelayo de Coristanco”(San Paio), dentro do partido xudicial de Carballo e conformado polas quince parroquias que ten na actualidade. Neste ano Coristanco contaba con 4.474 habitantes e 962 casas, sendo a parroquia máis poboada a de San Mamede de Seavia(603 almas), por diante de San Pedro de Valencia(409) e San Pelayo de Coristanco(407).
No 1842 hai un acordo para suprimir concellos, entre eles o de Coristanco. A proposta repartía as parroquias de Coristanco entre Carballo e Cabana. Finalmente todo quedou en papel mollado.
O concello de Coristanco tivo a súa capital municipal no lugar de Furoca, onde estaba a casa consistorial desde 1860 ata 1960. Este núcleo tiña nos anos 20, uns sesenta habitantes e nos anos 50, rexistraba idénticas cifras. Nos anos 60, a capitalidade pasa a San Roque(Traba), ata hoxe en día. O acto de inauguración tivo lugar no ano 1966. Como curiosidade indicar que o orzamento municipal do concello de Coristanco no anos 1924-25 foi de 45.408 pesetas