GRAN RECOLLIDA DE ALIMENTOS. Recorda! Volve a Gran Recollida de Alimentos que anualmente celebra a Federación Española de Bancos de alimentos, xunto cos 54 Bancos de alimentos asociados. Esta gran iniciativa solidaria terá lugar do 16 ao 21 de novembro, en toda España. Este ano, debido a situación de pandemia, a recollida realizarase de forma nova, seguro e adaptada aos protoclos de garantía sanitaria.

 

Formas de doar:

  • As persoas poderán doar economicamente a cantidade que desexen ao pasar por caixa.
  • Poderase doar na web www.granrecogidadealimentos.org.

No noso Concello poderá realizar as doazóns no hipermercado Carrefour Coristanco.