A Consellería de Economía, Emprego e Industria, coa colaboración da app Gohu, pon en marcha unha aplicación móbil dirixida a facilitar ás empresas e autónomos información de interese relacionada coas medidas que se están a adoptar desde a Xunta -especialmente no ámbito económico e laboral- con motivo do estado de alarma polo COVID-19.

As persoas interesadas deberán:

1. Descargar a aplicación desde Google Play Store ou Apple Store

2. Crear un usuario.

Deste xeito, a plataforma poderá enviar a información ao usuario e este recibila en tempo real directamente no seu teléfono móbil de xeito automático. Este servizo é totalmente gratuíto.

Esta nova ferramenta súmase a outras medidas como a Liña Empresas posta en marcha nos últimos días cun teléfono gratuíto (900 815 600) para atender consultas sobre a tramitación dos expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE).