O Concello de Coristanco xa ten gañadores do Concurso de Escaparates de Nadal 2025, unha iniciativa coa que se quixo recoñecer o esforzo, a creatividade e a implicación do comercio local durante estas datas tan especiais.

 Establecementos premiados:

🥇 1º Premio: Peluquería Patricia

🥈 2º Premio: Farmacia Brea Lorenzo

🥉 3º Premio: Farmacia Mercedes Catrain

O xurado valorou especialmente a orixinalidade, a calidade artística, a iluminación, o esforzo e a eficacia comercial dos escaparates participantes.

Dende o Concello de Coristanco queremos agradecer a todos os establecementos participantes a súa implicación e o seu traballo, contribuíndo a crear un municipio máis fermoso, acolledor e cheo de espírito de Nadal.

Parabéns ás persoas premiadas e grazas por facer comercio local con corazón.