Debido ao peche das bibliotecas municipais, habilitouse a posibilidade de acceso a GaliciaLe, a plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas, incluso para os cidadáns que non teñan carné na rede de bibliotecas públicas de Galicia.
Para iso, os cidadáns que non teñen carné de biblioteca terán que acceder a GaliciaLe e dende aí rexistrarse na rede de bibliotecas públicas de Galicia: https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-memberentry.pl.
No formulario de alta deberá elixir a biblioteca “Coristanco – Biblioteca Pública Municipal de Coristanco”.
Tras enviar o formulario, o usuario recibirá no seu enderezo electrónico as claves para acceder a plataforma. Cando remate o estado de alarma, os usuarios disporán dun período de 30 días para recoller o seu carné na biblioteca municipal de Coristanco e seguir gozando das vantaxes da rede de bibliotecas públicas de Galicia e desta plataforma. En caso contrario, eliminaranse automaticamente de Koha e deixarase de ter acceso a GaliciaLe.