FORMULARIO SANTIARIO. As persoas, sexan residentes en Galicia ou non, que proveñan ou estiveran nos últimos 14 DÍAS en territorios de alta incidencia epidemiolóxica por COVID-19 deberán cumprimentar o seguinte formulario sanitario:
ou chamar ao 881 00 20 21.
Esta comunicación deberá ser completada por cada un dos viaxeiros, que serán responsables de que a información subministrada sexa veraz e precisa. No caso de menores de idade, persoas dependentes ou incapacitadas, a declaración será cuberta polo seu titor, que se fará responsable da veracidade da información que se achega.
➡ Que territorios se consideran de alta incidencia epidemolóxica pola COVID-19?
Os recollidos por resolución da Dirección Xeral de Saúde Pública.
Neste momento:
▪ De calquera dos países do continente africano.
▪ Dos seguintes territorios do continente americano: Arxentina, Bahamas, Bolivia, Brasil, Chile, Colombia, Costa Rica, República Dominicana, Ecuador, El Salvador, Guatemala, Honduras, México, Montserrat, Panamá, Paraguai, Perú, Porto Rico, San Vicente e as Granadinas, San Martín, Surinam, Illas Tartarugas, Estados Unidos, Illas Virxes, Venezuela, Haití, Xamaica e Nicaragua.
▪ Dos seguintes territorios de Asia: Bahrein, Bangladesh, India, Irán, Iraq, Israel, Kazakstán, Kuwait, Kyrgyzstán, Líbano, Maldivas, Omán, Palestina, Filipinas, Qatar, Arabia Saudí, Singapur, Emiratos Árabes, Usbequistán, Afganistán, Bután, Brunei, Cambodia, Indonesia, Laos, Mongolia, Myanmar, Nepal, Paquistán, Siria, Tailandia e Vietnam.
▪ Dos seguintes territorios de Europa: Albania, Andorra, Armenia, Austria, Acerbaixán, Bielorrusia, Bélxica, Bosnia-Hercegovina, Bulgaria, Croacia, República Checa, Kosovo, Luxemburgo, Moldavia, Mónaco, Montenegro, Macedonia do Norte, Portugal, Romanía, Rusia, Serbia, Suecia e Ucraína.
▪ Das Comunidades Autónomas de Aragón, Cataluña, Navarra, País Vasco e A Rioxa.
➡ En que prazo?
Nun prazo máximo de 24 HORAS dende a súa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia, independentemente de que presente ou non síntomas compatibles coa COVID-19.
➡ Que debo facer se teño síntomas compatibles coa COVID-19?
▪ As persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia deberán poñerse en contacto con seu médico de cabeceira
▪ As persoas non residentes na Comunidade Autónoma de Galicia deberán poñerse en contacto co teléfono 881 00 20 21