
Este verán, mellora as túas competencias dixitais!
Dende o Concello de Coristanco sumámonos á campaña da Xunta de Galicia para achegar a formación dixital á cidadanía.
Cursos 100% en liña, gratuítos e titorizados, dirixidos a persoas maiores de 14 anos que queiran aprender a usar mellor as tecnoloxías: internet, correo electrónico, redes sociais, trámites en liña… e moito máis!
✔️ Sen límite de prazas
✔️ Podes aprender ao teu ritmo
✔️ Recibirás apoio dun titor ou titora
> Infórmate e inscríbete AQUÍ: formaciondixital.gal
Formación financiada pola Xunta de Galicia no marco do Plan de Recuperación da Unión Europea – Next Generation EU.
