
No marco do proxecto Os Fogóns do Anllóns convidámosvos a un webinar exclusivo e gratuito organizado en colaboración con TIXALIA, plataforma líder en solucións tecnolóxicas para a distribución e venda de experiencias turísticas.
📅 Data: 2 de outubro de 2025
🕒 Hora: 16:00 h
💻 Modalidade: Online (Zoom)
🔎 Durante esta sesión descubrirás:
✅ Como integrar as túas experiencias e produtos turísticos na rede de distribución de TIXALIA, chegando a novos mercados e clientes.
✅ Ferramentas dixitais para optimizar vendas e xestionar reservas dun xeito sinxelo e seguro.
✅ Casos de éxito de destinos e empresas que xa están a impulsar a súa comercialización.
✅ As vantaxes exclusivas de participar nesta iniciativa dentro do proxecto Os Fogóns do Anllóns, reforzando o posicionamento do territorio como destino gastronómico e sostible.
🚀 ¡Non perdas a oportunidade de ampliar a visibilidade do teu negocio e conectar con máis turistas!
