O Concello de Coristanco organiza unha nova xornada de encontro e celebración dedicada ás persoas maiores do noso municipio, unha ocasión especial para compartir mesa, música e momentos de convivencia.

Un día pensado para celebrar xuntos a vida, a experiencia e o valor das persoas que tanto contribuíron á nosa comunidade.

📅 Sábado, 18 de abril de 2026
📍 Polideportivo Municipal de Coristanco

A celebración contará cun menú elaborado con produto de proximidade, nun ambiente festivo no que non faltará a música, o baile e a diversión:

🍽️ Menú con produto de proximidade
🎶 Música en directo
🎧 DJ
🎁 Sorteos durante a xornada

📝 Prazo de preinscrición: ata o 24 de marzo de 2026
📍 No Rexistro Municipal do Concello de Coristanco

DESCARGA O FORMULARIO DE INSCRICIÓN AQUÍ

Unha xornada para reencontrarnos, compartir lembranzas, conversar e celebrar xuntos arredor da mesa.

Agardámosvos para facer desta festa un día inesquecible.