Nestes momentos deberíamos estar festexando a nosa festa, o noso produto unidos coas nosas xentes e con todos aqueles que ano tras ano acudían a Coristanco celebrar a Festa da Pataca. Unha festa que tivo que adaptarse a esta nova etapa, moito menos física pero, por esas mesmas circunstancias, moito máis emocional e profunda.
Dende o Concello de Coristanco quixemos conmemorar este día co recordo de tempos mellores e coa promesa de que volveremos a festexar a nosa tradición, a nosa cultura.
Este ano festexamos sen festa, celebramos dende o abrigo e a protección dos nosos fogares e esperamos que unidos, coidándonos e cumprindo as recomendacións sanitarias, poidamos celebrar no 2021 unha 40º Edición da Festa da Pataca inesquecible.