Os nenos de 6º de primaria do CPI Alcalde Xosé Pichel visitaron a exposición cos traballos premiados no Certame Artístico Literario Asunción Antelo. Na súa visita puideron coñecer un pouco máis sobre a vida e obra de Asunción Antelo e deixar as súas pegadas no recuncho adicado a Xela Arias. Recordamos que a exposición estará aberta ata o vindeiro 31 de maio en horario de 9h a 14h no Edificio de Servizos Múltiples. En caso de acceder en grupo, será preciso establecer unha reserva previa do espazo a través das seguintes canles:

☎ 651 664 908
📧 biblioteca@coristanco.gal