EXPOSICIÓN AO PÚBLICO DA CONTA XERAL DO EXERCICIO 2018 DO CONCELLO DE CORISTANCO

Departamento: Intervención

ANUNCIO

Unha vez que foi formulada e rendida a Conta Xeral desta Corporación correspondente ao exercicio 2018, e que foi informada favorablemente pola Comisión Especial de Contas de 19 de setembro de 2019, exponse ao público xunto cos documentos que a xustifican, polo espazo de quince días hábiles, contados a partires do día seguinte á inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia.

Os interesados poderán examinala e formular os reparos e observacións que estimen pertinentes, durante o devandito prazo de exposición e os 8 días seguintes, de conformidade co disposto nos artigos 116 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e o artigo 212.3 do Real decreto lexislativo 2/04, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais.

Documento asinado electrónicamente (Lei 39/2015) por JUAN CARLOS GARCÍA POSE, alcalde do Concello, en Coristanco a 23 de setembro de 2019.

2019/7705

VER PDF:
PDF_Logo

> Enlace ao anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña