O goberno municipal propón rebaixas nos impostos de vehículos e plusvalías

O goberno municipal de Coristanco presentará no pleno do vindeiro mércores un proxecto de modificación da ordenanza fiscal 17, reguladora do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana, coñecido popularmente como imposto de plusvalías e que se aplica ás transmisións de bens inmobles. O executivo atenderá as demandas veciñais e aplicará as exencións previstas na lexislación actual, que se refiren, fundamentalmente,…