O Concello renova a canalización de augas pluviais no lugar de Pazo da Trabe-Cuns

O Concello de Coristanco está a renovar por completo a canalización das augas pluviais no lugar do Pazo da Trabe, na parroquia de Cuns, onde as intensas chuvias dos últimos días provocaran a rotura dos tubos. Aínda que todos os veciños sufriron as consecuencias, dúas familias resultaron especialmente afectadas ao entrar a auga nas súas vivendas, polo que o goberno municipal actuou coa máxima urxencia…