Despois dunha intensa fin de semana, os 26 veciños e veciñas de La Guyonnière que visitaron Coristanco emprenderon a viaxe de regreso, pero puxéronlle “deberes” ao goberno municipal que encabeza Antonio Pensado: a organización dunha viaxe de volta para o verán do 2016. As veciñas e os veciños de Coristanco recibirán cumprida información por parte da Concellería de Cultura, que segue a traballar en propostas…
Veciños de La Guyonnière visitarán o municipio de Coristanco do 1 ao 4 de maio
Un grupo integrado por 29 veciños e veciñas de La Guyonnière visitará Coristanco do 1 ao 4 de maio. Os participantes na expedición serán recibidos o día 1 no edificio de servizos múltiples e durante unha longa fin de semana terán a oportunidade de coñecer a Costa da Morte e de participar en actividades cos veciños do municipio anfitrión, entre elas unha comida de confraternidade…
O Concello fomentará os intercambios de estudantes con La Guyonnière
Os gobernos municipais de Coristanco e La Guonnière están decididos a estreitar os lazos de unión e a fomentar todo tipo de intercambios, tanto culturais coma educativos e mesmo empresariais. Na recente visita realizada a Coristanco polo alcalde, Michaël Orieux, e outros representantes da vila francesa quedaron sentadas as bases para que así sexa. Para o equipo de goberno de Coristanco, unha das prioridades é…