O goberno municipal de Coristanco presentará no pleno do vindeiro mércores un proxecto de modificación da ordenanza fiscal 17, reguladora do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana, coñecido popularmente como imposto de plusvalías e que se aplica ás transmisións de bens inmobles. O executivo atenderá as demandas veciñais e aplicará as exencións previstas na lexislación actual, que se refiren, fundamentalmente,…
O Coro de Cámara Madrigalia actuará este domingo na igrexa de Xaviña
O Coro de Cámara de Galicia Madrigalia actuará este domingo na igrexa parroquial de Santo Tomás de Xaviña (Coristanco). A agrupación musical cantará ás 10.45 horas a misa oficiada polo párroco Manuel Mayo, na que interpretará partes da “Misa da Sagrada Familia”, de José Antonio Camuñas Solís, que estreou o 18 de maio na catedral de Santiago de Compostela, durante a Misa do Peregrino. O…
O pleno inicia os trámites para refinanciar a débeda do plan de pago a provedores
Coristanco, 18 de novembro do 2014. O Concello de Coristanco iniciou hoxe os trámites para o refinanciamento da débeda derivada do plan de pago a provedores, que nestes momentos sitúase en 1.255.765,83 euros. Nunha sesión extraordinaria celebrada ás 9 horas, a corporación acordou solicitar ofertas ás distintas entidades bancarias coa intención de rebaixar os intereses actuais, que están case no 6 %. Segundo explicou o…
Obradoiro de emprendemento e crowfunding para moz@s
Mozos e mozas do municipio de Coristanco participarán no obradoiro “Emprendendo dende a Rede”, unha iniciativa conxunta da Consellería de Traballo e Benestar, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e o Concello de Coristanco para achegar aos novos emprendedores os diferentes recursos dos que dispoñen en Internet para dar a coñecer, promocionar e mesmo financiar os seus proxectos. A iniciativa, prevista para o día…
Setenta veciños e veciñas participan nos cursos de informática para adultos
Setenta veciños e veciñas de Coristanco iniciaron esta semana os cursos de informática para adultos organizados pola Concellería de Cultura. Debido á elevada demanda foi preciso crear sete grupos, que se distribúen en quendas de mañá (catro) e tarde (tres) e ocupan os dez postos dispoñibles na aula de informática do edificio de servizos múltiples. As persoas que quedaron en lista de agarda serán convocadas…