Coristanco, 18 de novembro do 2014. O Concello de Coristanco iniciou hoxe os trámites para o refinanciamento da débeda derivada do plan de pago a provedores, que nestes momentos sitúase en 1.255.765,83 euros. Nunha sesión extraordinaria celebrada ás 9 horas, a corporación acordou solicitar ofertas ás distintas entidades bancarias coa intención de rebaixar os intereses actuais, que están case no 6 %. Segundo explicou o…
