Debido a unha avaría na chave xeral da rede de abastecemento de auga situada xunto á capela de San Antonio de Centiña, para esta noite está previsto un corte de auga que afectará a Traba, Oca, Xaviña, San Paio, Rececinde, Lume de Suso, Lume da Coba, Pedralta e Piñeiro. Os arranxos comenzarán ás 23.00 horas e prevese que estean rematados ás 04.00 horas do venres para causar as mínimas molestias aos usuarios e usuarias. Dende o Concello de Coristanco pedimos desculpas polas molestias que se poidan ocasionar.