Proximamente o Concello de Coristanco iniciará un programa dun punto de encontro para as avoas e os avós que se dedican ao coidado dos seus netos para compartir experiencias.

A escola constaría de 10 sesións formativas sobre temas de actualidade como por exemplo cal é o papel dos avós e avoas, a problemática das novas tecnoloxías, as diferentes etapas da infancia, resolución de conflitos, hábitos de vida saudable, igualdade de xénero, coidado con autoestima, sesións de risoterapia, etc.

As sesións impartíranse os venres de 10:00 a 11:30 na Casa Rectoral de Erbecedo.

Infórmese na Casa do Concello de Coristanco ou ben, chamando ao 981.733.001 / 629 932 184