
Comprácenos convidarvos a vivir a maxia do Entroido, unha das nosas festividades máis emblemáticas, onde as tradicións, a música e a diversión se mesturan nunha explosión de cor e alegría.
📅 Data: 7 de marzo de 2025
🕒 Hora: 16.30h
📍 Lugar: Polideportivo Municipal de Coristanco
Achegádevos a gozar dos bailes, os disfraces tradicionais, as diferentes actuacións musicais e moito máis! Ademais, non vos perdades as deliciosas comidas típicas destas datas da man do tecido asociativo de Coristanco.
🎶 Música tradicional en vivo
🍴 Gastronomía típica
🟣 Conmemoración das nosas Pioneiras
🎉 Festa e diversión asegurada
Esperámosvos para celebrar xuntos esta festa única e chea de historia! Non faltedes!