O día de hoxe, como xa se fixera a inicio de curso, o Concello de Coristanco, en colaboración con membros de Protección Civil de Coristanco, fixo entrega de varios lotes de material de protección e hixiene aos centros educativos do municipio para a súa loita contra a pandemia do COVID-19.

Dende a Casa Consistorial queremos agradecer a gran labor dos directores, profesores e demais persoal non docente, pola súa dedicación e compromiso ante a situación de crise sanitaria que estamos a vivir. Por esta razón queremos aportar o noso gran de area en apoio a todos eles.