Esta semana iniciáronse as execucións das seguintes obras de abastecemento de auga e melloras de capas de rodaxes financiadas con programas de Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal:

Mellora da capa de rodaxe de camiños rurais nas parroquias de Agualada, San Paio e Xaviña

Este proxecto inclúe a mellora da capa de rodaxe nas seguintes parroquias:

1. Parroquia de Xaviña
– Camiño interior Porcariza-Puente autopista

2. Parroquia de Agualada
– Subida ao Outeiro ata viaduto da autovía
– Camiño Salgueiras a Figueroa
– Camiño Figueroa a Agualada

3. Parroquia de San Paio
– Camiño Carrizal a Piñeiro
– Camiño Costa do Carrizal a Piñeiro
– Camiño dende Escola Centiña a Estrada Coruña-Fisterra e Esfarrapa

Esta obra está financiada polo Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2018.

A obra foi adxudicada á empresa Construcións JMAURI E HIJOS, SL por un importe de 75.522,63 Euros e prazo de execución de 90 días naturais.

 

Substitución da rede de abastecemento de auga por fibrocemento por fundición dúctil dende Camiño de Centiña a DP-2904 ata entronque AG-552

O obxecto deste proxecto é a de substituír a rede de abastecemento de agua actual, que é de
fibrocemento (diámetro 200mm) e que está sufrindo roturas e avarías frecuentemente nun tramo de 2km. aproximadamente desde o entorno da capela de San Antonio de Centiña ata a rotonda de acceso á DP2904 dende a AG552.

Esta obra está financiada polo o Plan Complementario ao Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (PLAN ÚNICO DE CONCELLOS) POS+ 2019.

A obra foi adxudicada á empresa Construcións GONZALEZ Y GONZALEZ, SL por un importe de 191.785 Euros e prazo de execución de 45 días naturais.

 

Substitución da rede de abastecemento de auga por fibrocemento por fundición dúctil camiño de Nogueira e Centiña (POS+2019)

O obxecto desta obra é a substitución da rede de abastecemento de agua de fibrocemento (diámetro 200mm) por unha nova tubaxe de fundición dúctil (diámetro 200mm) dende o depósito existente nas proximidades de Centiña, para así evitar mais roturas e avarías.
Esta obra está financiada polo o Plan Complementario ao Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (PLAN ÚNICO DE CONCELLOS) POS+ 2019.

A obra foi adxudicada á empresa CETA CONTRATAS S.L por un importe de 99.376,47 Euros e prazo de execución de 30 días naturais.

 

Instalación de rede de abastecemento veciñal para o lugar de Lume de Suso-Coristanco

Esta obra está financiada polo o Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia municipal (POS) do ano 2015.

A obra foi adxudicada á empresa SYR-AMG, S.L. por un importe de 32.805,08 Euros e prazo de execución de 15 días naturais.

O Concello de Coristanco solicita comprensión á veciñanza, xa que é posible que durante á execución das obras de abastecemento de auga se produza algunha avaría.

Con todo, prégase aos veciños o uso racional dos recursos hídricos dispoñibles no noso municipio, así que extremen as medidas de aforro (tanto nos fogares, nas empresas e industrias, como nos usos agrícolas e gandeiros) para lograr un consumo responsable e eficiente da auga.