
EMPRESAS E AUTÓNOMOS | Quérese establecer unha Listaxe de Empresarios e Comerciantes do Concello de Coristanco, aos efectos da súa invitación nos procedementos de contratación que non supere os límites de contrato menor. Todos aqueles interesados e interesadas poderán inscribirse durante o mes de maio, na solicitude anexa que poderá descargar na web municipal ou obter nas dependencias municipais.
Requisitos:
- Capacidade de obrar e habilitación técnica para realizar a prestación obxecto dos contratos.
- Ter domicilio fiscal no noso municipio.
- Estar ao corrente das obrigas coa Facenda do Estado, Xunta e Administración Local, así como as obrigas da Seguridade Social.
- Dispor de Certificado Electrónico que lles permita realizar os trámites derivados destas contratacións.
- Cando a cantidade da factura supere os 5.000 euros, deberá presentarse polo sistema FACe.
A orde de chamamento establecerase por data de presentación da instancia.
ANEXO I DECLARACIÓN RESPONSABLE PARA LISTAXES DE CONTRATACIÓN MENOR
Para máis información:
Teléfono: 981 733 001
Email: correo@coristanco.gal