EMPRESAS E AUTÓNOMOS | O pasado 13 de maio, co obxectivo de establecer unha Listaxe de Empresarios e Comerciantes do Concello de Coristanco, aos efectos da súa invitación nos procedementos de contratación que non supere os límites de contrato menor, procedeuse a apertura dun período de inscrición. Procedemos a un prazo de ampliación deste período para que todos aqueles interesados e interesadas poidan seguir achegando as súas solicitudes ata final de ano.
Requisitos:
- Capacidade de obrar e habilitación técnica para realizar a prestación obxecto dos contratos.
- Ter domicilio fiscal no noso municipio.
- Estar ao corrente das obrigas coa Facenda do Estado, Xunta e Administración Local, así como as obrigas da Seguridade Social.
- Dispor de Certificado Electrónico que lles permita realizar os trámites derivados destas contratacións.
- Cando a cantidade da factura supere os 5.000 euros, deberá presentarse polo sistema FACe.
A orde de chamamento establecerase por data de presentación da instancia.
ANEXO I Declaración Responsable para listaxes de Contratación Menor
ANUNCIO-RESOLUCIÓN – Ampliación Prazo de Inscrición
Para máis información:
Teléfono: 981 733 001
Email: correo@coristanco.gal