Lectura en Coristanco

O concello de Coristanco conta cunha biblioteca e unha axencia de lectura que están dentro da Rede de Bibliotecas de Galicia. A Biblioteca Pública municipal, fundouse no 1997 e está situada no Edificio de Usos Múltiples (Rúa da Pataca S/N San Roque). O seu teléfono é o 981733280. Tamén está rexistrada na rede galega a Axencia de Lectura Municipal de Agualada. Está emprazada na Rúa Manuel Abelenda(Edificio San Antonio) e funciona desde o ano 1994.

Tamén hai espazos de lectura e actividades relacionados co libro nos distintos centros educativos do concello, que teñen blogues e web sonde informan das súas actividades:

 

CEIP Bormoio-Agualada (Clubs de lectura O Lobo Sei Todo)

http://clubedelecturabormoio.blogspot.com.es/

CPI Alcalde Xosé Pichel

http://biblioxosepichel.blogspot.com.es/

CEIP Canosa(Rus)

http://bibliocanosa.blogspot.com.es/

CRA “Novo Mencer” (Colexios Rabadeira, Xaviña, Oca, A Feiranova e Valenza)

 http://www.edu.xunta.es/centros/cranovomencer