Queres comezar a preparar rutas con Google Maps ou descubrir aplicacións para explorar o que tes arredor?

Na campaña É-RURAL, seguimos avanzando en dixital con novas ferramentas para coñecer mellor o noso territorio.

Aprende a empregar apps e recursos dixitais que che axudarán a sacar o máximo partido ao que nos rodea: mapas, rutas… Unha maneira divertida e práctica de conectar co rural e coa tecnoloxía!

📅 Do 9 ao 12 de decembro de 2025
🕙 De 10:00 a 12:00h
📍 Aula de Recursos Dixitais – Biblioteca Municipal de Coristanco
📞 Inscricións: 981 733 280
⚠️ Prazas limitadas!

Unha actividade de Cibervoluntarios, financiada pola Unión Europea – NextGenerationEU, o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.