
O proxecto documental #CoaTerraNasMans pretende facer un retrato fiel da pataca de Coristanco e do que supón para a súa veciñanza, e por iso busca a vosa colaboración:
Na vosa casa trabállase a pataca? Ou sodes asiduos da Festa da Pataca? Como se vivía en Coristanco no pasado, e como se vive agora? Tedes fotos da vida no rural en Coristanco? Poñédevos en contacto con nós!
#CoaTerraNasMans é un proxecto de Tex45 Producións e conta coa colaboración da Deputación da Coruña.