Con motivo da celebración do Día do Patrimonio Mundial da UNESCO, para o mes de novembro, está a planificarse dende a área de cultura da Deputación da Coruña unha serie de accións e xornadas didácticas vinculadas ao patrimonio musical.
Unha destas propostas é “Música e evolución” a cargo de Pablo Carpinteiro e Rosa González, un concerto no que se revisa a orixe dos instrumentos musicais empregando os propios da nosa tradición.
Vén a desfrutar dunha viaxe musical a través do tempo!
- DÍA: 26 de novembro de 2021
- HORA: 17h
- LUGAR: Edificio de Servizos Múltiples
Inscricións: ☎ 651664908 ou 📧 biblioteca@coristanco.gal