
💚💚 DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO
A fachada da Casa Consistorial luciu esta noite en verde con motivo do Día Mundial contra o Cancro. O consistorio súmase así a este acto simbólico en solidariedade e apoio a todas aquelas persoas que loitan e padecen esta doenza.
Gustaríanos agradecer á Asociación Española contra o Cancro e a presidenta da xunta local coristanquesa da #AECC Mª Carmen Facal polo seu labor nesta gran loita.
Este ano, con motivo da situación sanitaria que se está a vivir, non se levará a cabo ningún acto nin actividade presencial.